Sobre nós
La esencia de "As Lembranzas"
«As Lembranzas» son tres mulleres unidas pola música e a raíz da tradición oral galega . A súa proposta nace do matriarcado, da forza femenina e da paixón por manter viva a nosa cultura. Nesta nova fase creativa fusionan ska, reggae e rock coa tradición, a polifonía vocal e o son do violín aportan unha identidade diferente e única.
O proxecto medrou co seu primeiro traballo discográfico Gaëla (2019) percorrendo países de Centroeuropa coma Suiza ou Bélxica ata consolidar un son único. No 2025 colaboran co rapeiro galego Habló Pablo en dous temas, Jerga gallega (+1 millón de visitas) e A miña Burriña.
En febreiro de 2026 lanzan Raza da man de Xónix records e en marzo o seu derradeiro sinxelo Que ghasiosa levo prometendo facer moito ruido na escea galega con este novo enfoque musical que atrapa ás novas xeracións.
Für deutschsprachige Spieler stellt https://loki1.de/ eine interessante Option im wachsenden Markt der digitalen Casinos dar. Ein internes Forum erlaubt den Austausch zwischen Spielern und Casino-Team. E-Wallet-Auszahlungen sind die schnellste Option und werden meist innerhalb einer Stunde bearbeitet. Die mobile Suchfunktion findet jedes Spiel innerhalb weniger Sekunden. Bei Auszahlungsfragen reagiert der Support typischerweise innerhalb der gleichen Spielsitzung. Werkzeuge zum verantwortungsvollen Spielen umfassen Einzahlungslimits, Realitätschecks und Selbstausschluss. Filtermöglichkeiten erlauben das Sortieren nach Anbieter, Auszahlungsquote oder Volatilität. Cashback-Aktionen erstatten einen Prozentsatz der Verluste am Ende der Spielwoche zurück. Spezielle deutschsprachige Tische werden zu bestimmten Tageszeiten angeboten. Das Casino stellt unter Beweis, dass moderne Glücksspielplattformen mehr bieten können als nur Spielautomaten.
Vanessa, Merchi e Sabela
As integrantes do grupo son Merchi, Vane e Sabela.
Tres voces que comparten a paixón pola música e polo escenario. Retranqueiras,
xoviais e cheas de enerxía, son capaces de transmitir a emoción e a forza da
identidade galega, fusionando hoxe a súa esencia lírica co son vibrante do violín e
novos ritmos en cada interpretación.

Vanessa
Tilve
Nada en Meis, é voz, letrista, compositora, encargada de arranxos vocais.
Mestra de canto lírico, coral e pianista, combina a técnica académica coa forza da tradición para crear un estilo único.

Merchi
Tilve
Orixinaria de Meis, é voz, letrista, compositora e encargada coma as súas compañeiras dos arranxos do grupo.
Ademáis de acompañar con percusión, é mestra de canto lírico, coral e piano, cunha ampla experiencia na formación vocal.

Sabela
Senn
Orixinaria de Pontevedra, é a máis nova incorporación de As Lembranzas. Voz lírica e violinista, a súa entrada abre un novo camiño estético e un son renovado para o grupo.
Mestra de violín e linguaxe musical, letrista, compositora, tamén fai arranxos musicáis do grupo.
Recoñecementos e proxectos actuais
En 2023 As Lembranzas foron gañadoras do Interritmos Sons do Rural grazas á súa interpretación de “Muiñeira do Toxo”. Actualmente forman parte da Aceleradora Mans e da Fundación Paideia dentro do programa Sonidos Emergentes 2024, ademais de participar no proxecto Interritmos coworking financiado pola EOI. Tamén están inscritas no programa Máis Música da Deputación de Pontevedra.
Acaban de firmar contrato discográfico e management con Xónix records pra levar a cabo a súa última proposta discográfica que leva por nome Metamorfose do que xa hai dous sinxelos que se poden atopar nas redes, Raza e Que ghasiosa levo.
Discografías e videoclips
Música de As Lembranzas
Que ghasiosa levo
VÍDEO DE YOUTUBE
Raza
VÍDEO DE YOUTUBE

Para contratacións e todo o demáis con eles
- Xonix records
- 619 73 00 66